Inicio Galicia A Xunta realiza unha visita institucional ao concello coruñés de Tordoia

A Xunta realiza unha visita institucional ao concello coruñés de Tordoia

0


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro, realizou hoxe unha visita a Tordoia, concello no que a Dirección Xeral de Administración Local investiu cerca de 405.000€ dende 2009, co obxecto de acondicionar edificios públicos, levar a cabo proxectos de mellora da eficiencia enerxética ou compra de maquinaria e mobiliario, entre outros.

Outras liñas de colaboración emitidas dende a Xunta son axudas a prol da igualdade, educación, ou cultura, entre outros. Ademais, o concello de Tordoia será beneficiario de subvencións para o ano 2019, convocadas pola Dirección Xeral de Administración Local para mellorar a eficiencia enerxética na luz pública no lugar de Cerdeiras – Bardaos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre