Inicio Galicia A Xunta realiza unha nova entrega esta semana aos concellos da provincia...

A Xunta realiza unha nova entrega esta semana aos concellos da provincia da Coruña de 49.032 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19

0

Enviouse unha nova partida de 17.900 luvas, 29.750 máscaras e 1.070 traxes antisalpicaduras


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou dun novo reparto de material de protección realizado esta mesma semana. Por unha banda, retomáronse os envíos de Epis aos concellos e por outro realizouse, como todas as semanas, o noveno envío de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarca de Santiago.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da provincia. No caso concreto dos concellos da Coruña a a partida inclúe 29.750 máscaras, 17.900 luvas e 1.070 traxes antisalpicaduras. En total, enviouse aos concellos coruñeses 49.032 unidades de protección esta semana. Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 204 residencias e entidades sociais dos concellos da provincia. En total, 118.623 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións coruñesas, 64.400 luvas, 52.383 máscaras e 1.840 traxes antisalpicaduras.

Concello

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre