Inicio Galicia A Xunta realiza un novo envío de 153.914 unidades de material de...

A Xunta realiza un novo envío de 153.914 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

0

O Goberno galego enviou 84.500 luvas e 69.414 máscaras para as entidades sociais e residencias da provincia da Coruña

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña, concretamente a 150 centros coruñeses. Nesta provincia a partida inclúe 69.414 máscaras e 84.500 luvas.

Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 16 envíos de material aos centros sociais da provincia con material de protección. No que levamos de crise do coronavirus o Goberno Autonómico leva entregados a 294 centros sociais da provincia 1.057.230 luvas e 952.897 máscaras, entre outro material de protección.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre