Inicio Galicia A Xunta realiza un novo envío de 151.048 unidades de material de...

A Xunta realiza un novo envío de 151.048 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais e 52.463 para os campamentos infantís da provincia da Coruña

0

O Goberno galego enviou 51.763 máscaras e 700 luvas para os campamentos da Consellería de Política Social que comezan a semana que vén

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña, concretamente a 128 centros coruñeses. Nesta provincia a partida inclúe 69.448 máscaras e 81.600 luvas.

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado trece envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección.

Ademais, a Xunta de Galicia enviou outros 52.463 Epis para á protección dos monitores e dos participantes nos campamentos infantís que organiza a Consellería de Política Social que comezarán a semana que ven.

Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus  Concello

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre