Inicio Galicia A Xunta realiza un novo envío de 117.912 unidades de material de...

A Xunta realiza un novo envío de 117.912 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

0

Esta semana enviouse unha nova partida a 108 centros de 63.600 máscaras, 53.298 luvas e 1.014 traxes antisalpicaduras

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino a 108 residencias e entidades sociais da provincia da Coruña. Nesta comarca a partida inclúe 63.600 máscaras, 53.298 luvas e 1.014 traxes antisalpicadurasEntre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado dez envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboración institucional da Xunta de Galicia coas entidades sociais” para “sumar esforzos” para contribuír na loita contra a expansión do virus. Nesta liña, convidou a tódalas institucións a colaborar co Goberno autonómico porque “a prioridade fundamental é garantir a protección dos cidadáns e todos debemos remar nesa dirección”. Ademais, engadiu que “os envíos da Xunta de Galicia á comarca continuarán nas vindeiras semanas para garantir a protección das persoas que se atopan na primeira liña na loita contra o coronavirus”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre