Inicio Galicia A Xunta realiza con éxito un simulacro de activación do Plan de...

A Xunta realiza con éxito un simulacro de activación do Plan de emerxencia exterior da empresa CLH en Vigo

0

Na actuación simulouse un incendio na zona de carga de cisternas por rotura parcial da tubaxe de impulsión de bombas


A Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa CLH en Vigo e o Concello de Vigo, realizou esta mañá un simulacro nas instalacións que ten a empresa en Bembrive. Esta acción enmárcase no proceso de implantación do Plan e que servirá para poñelo a proba e proceder á actualización e revisión do mesmo, mellorando aqueles aspectos que se detecten poden mellorar a operatividade.

Máis aló de unha maior presenza de medios de Emerxencias na zona e os controis establecidos nas inmediacións da empresa, non se viu afectado o normal desenvolvemento das actividades do entorno.

A Xunta quere destacar a importación da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre