Inicio Galicia A Xunta reafirma o seu compromiso para formar en materia de igualdade...

A Xunta reafirma o seu compromiso para formar en materia de igualdade a profesionais do sector da comunicación

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que a Xunta promove a través da Axenda do Emprego e o programa Emprego en Feminino a incorporación das mulleres no mercado laboral, o seu desenvolvemento tanto a nivel profesional como empresarial e a responsabilidade pola igualdade das empresas.

Nunha xuntanza que mantivo por videoconferencia en Santiago de Compostela co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Lorenzana afirmou que a igualdade laboral nas empresas galegas de comunicación e a eliminación da fenda de xénero é un obxectivo prioritario da Xunta para que “mulleres e homes partan do mesmo lugar para poder alcanzar as mesmas metas, sen que o xénero masculino ou feminino constitúa unha limitación para o desenvolvemento nos distintos ámbitos da vida das persoas”.

Así, indicou que a Consellería de Emprego e Igualdade artella políticas públicas para consolidar os logros acadados nos últimos tempos; reforzar as medidas dirixidas á eliminación das distintas brechas de xénero; e sentar os cimentos para acadar novos avances na igualdade entre mulleres e homes.

A colaboración co CPXG materializarase no deseño de programas formativos dirixidos a xornalistas en materia de violencia de xénero. Tamén se pretende avanzar cos mesmos na creación nas empresas de comunicación dunha figura que traballe as cuestións de xénero desde dentro das organizacións.

Asociación Xornalistas GalegasA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, doutra banda, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa Asociación Xornalistas Galegas na que enxalzou o “crucial rol” dos medios de comunicación na consecución da igualdade de xénero e na promoción do papel das mulleres na sociedade, como “transmisores responsables” das noticias. “Son a ferramenta que serve de plataforma para denunciar estas agresións, á vez que son a tribuna dende a que se pode concienciar á sociedade de que esta violencia contra as mulleres é un delito”, apuntou.

O tratamento dos casos de violencia de xénero nos medios debe responder, a criterio da secretaria xeral, á honestidade e á responsabilidade que definen á profesión. “Ofrecer unha información responsable e comprometida é un excelente xeito de combater a violencia de xénero, e apoiar as mulleres que a sofren”, enfatizou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre