Inicio Galicia A Xunta reafirma o seu compromiso coa integración laboral das persoas con...

A Xunta reafirma o seu compromiso coa integración laboral das persoas con discapacidade auditiva

0
image_gallery.jpg


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza coa Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo (Acopros) na que avaliaron os puntos de interese para abrir novas vías de colaboración. A xuntanza forma parte da rolda de contactos que está a manter a titular de Emprego e igualdade cos principais axentes económicos e sociais de Galicia.

Lorenzana reafirmou o compromiso da Administración autonómica coa integración laboral das persoas con discapacidade auditiva e coa defensa dos seus dereitos para acadar unha igualdade de oportunidades.

Acopros é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e de ámbito autonómico, constituída na Coruña no ano 1976 para dar resposta ás necesidades das familias con fillos e fillas con discapacidade auditiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre