Inicio Galicia A Xunta reafirma o seu apoio ao empoderamento e ao fomento da...

A Xunta reafirma o seu apoio ao empoderamento e ao fomento da igualdade das mulleres do rural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas”, impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta co empoderamento e fomento da igualdade das mulleres do rural.

Así o destacou hoxe durante a súa participación no obradoiro Apoderamento das mulleres socias de cooperativas, impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca).

Na súa intervención, López Abella destacou algunhas das iniciativas postas en marcha polo departamento que dirixe e que pretenden facilitar o emprendemento e igualdade das mulleres. Así, recordou, entre outros, o programa Emega que apoia iniciativas emprendedoras de mulleres con distintas liñas de axudas, incluída unha destinada á conciliación. Desde 2009 e ata 2018 resultaron beneficiarios 544 proxectos e creáronse máis de 1.000 postos de traballo femininos. Para este ano, o programa está dotado cun orzamento de 1,7 millóns de euros.

A Xunta tamén ten en iniciativas de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero: unha destinada a entidades sen ánimo de lucro para que realicen accións de inserción e orientación laboral; e outra, posta en marcha por vez primeiro este ano, para a contratación destas mulleres en entidades locais.

A Administración autonómica tamén mantén unha firme aposta pola conciliación. Entre outras iniciativas, conta cunha orden de axudas para que os concellos poñan en marcha os seus propios programas neste ámbito, e con axudas directas para homes ou familias monoparentais que se acollan á redución de xornada.

Ademais, López Abella destacou que a Xunta considera moi relevante o papel do asociacionismo da muller. Por iso, conta cunha orde de axudas que tenta fomentar a participación das mulleres e consolidar o movemento asociativo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre