Inicio Galicia A Xunta reafirma a súa aposta pola promoción e a internacionalización dos...

A Xunta reafirma a súa aposta pola promoción e a internacionalización dos produtos agroalimentarios galegos

0

José González destacou neste acto a necesidade de sensibilizar acerca do consumo local e, ao tempo, de “percorrer outros camiños” e acceder a novos mercados


O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, reafirmou hoxe a aposta da Xunta pola promoción e a internacionalización dos produtos agroalimentarios galegos. Fíxoo na presentación da campaña “Lalín Sabe”, na que estivo acompañado polo alcalde desta localidade, José Crespo, e na que salientou a necesidade de “sensibilizar acerca do consumo local” e ao tempo de “percorrer outros camiños e acceder a novos mercados”.

O titular de Medio Rural destacou que “a calidade é unha das características máis salientables destes produtos” xunto coa diversidade e que o feito de manter esa excelencia a través da tradición “di moito dos galegos”. Cara o futuro, González apostou por continuar por este camiño e seguir defendendo a calidade porque -sinalou- “temos os mellores produtos e a mellor materia prima” e facelo intensificando a súa vinculación e promoción a través da marca Galicia Calidade.

Esta aposta, indicou o conselleiro, é o mellor xeito de fortalecer as economías locais, a economía rural, e ao mesmo tempo potenciar que “se nos coñeza en todo o mundo” exportando, remarcou, “o que mellor nos define, a calidade”. Nesta liña, o conselleiro trasladou os parabéns ao Concello de Lalín por esta campaña e polo vídeo que a sustenta, que se presentou neste acto. Dixo que a súa esencia é, precisamente, a “excelencia” dos nosos produtos do agro.

A campaña “Lalín Sabe”, financiada pola Xunta, púxose en marcha por parte do Concello para promocionar os produtos agroalimentarios propios da capital do Deza, entre que se atopan os cárnicos, os lácteos, o pan, os licores, as castañas, o mel e por suposto o cocido. Está acción arrancou coa colocación de diferentes vallas publicitarias en distintas zonas da localidade, apóiase nunha páxina web propia e acompáñase cun vídeo (orientado tamén cara a promoción turística) protagonizado polo actor galego Luís Zahera, premio Goya ao mellor actor de reparto polo seu papel na película El Reino.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre