Inicio Galicia A Xunta reafirma a súa aposta pola aportación de valor aos produtos...

A Xunta reafirma a súa aposta pola aportación de valor aos produtos do mar co seu apoio á ecoetiqueta Pescaenverde

0

Esta marca informa ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente e incorporarase aos produtos certificados baixo o selo de calidade pescadeRías, creado pola Xunta

Sanxenxo (Pontevedra), 11 de xullo de 2018.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, felicitou hoxe ao grupo de expertos de investigación Biogrup da Universidade de Santiago de Compostela polo seu traballo na certificación da ecoetiqueta Pescaenverde, presentada hoxe en Portonovo, no concello de Sanxenxo. Esta ecoetiqueta aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente e incorporarase aos produtos certificados baixo o selo de calidade pescadeRías, creado pola Xunta.

Rosa Quintana explicou que Pescaenverde ten vantaxes para o sector, para o consumidor e para o mercado. Neste sentido, expuxo que aporta un valor engadido aos produtos que o incorporan, favorecendo a súa venda; máis información sobre o impacto ambiental dos produtos pesqueiros e a confianza dunha certificación apoiada cientificamente polo Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da USC.

Ademais a titular de Mar puxo de relevo que esta ecoetiqueta incorpora un software, deseñado co obxectivo de calcular a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética do sector. Nesta liña subliñou que esta ferramenta evidencia que as especies capturadas baixo as modalidades de pesca de pescadeRías, están nos límites aceptables de pegada de carbono e taxa de retorno enerxético.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

A conselleira sinalou tamén que grazas a Pescaenverde os consumidores finais comprarán un produto con baixas emisións de CO2, froito dunha actividade más eficiente. Tamén permitirá aos armadores avaliar os seus custes de explotación e valorar os impactos económicos da eficiencia enerxética das súas actividades.

Por outra banda, Rosa Quintana destacou a aposta da Xunta pola valorización dos produtos e fixo fincapé na importancia da distinción. Unha distinción que leva aos consumidores a diferenciar os nosos produtos e a aumentar o seu consumo, indicou. Deste xeito, engadiu, “conseguimos fomentar a súa comercialización, promover o seu coñecemento e, sobre todo, valorizar ao noso sector”.

Esta distinción, sinalou a titular de Mar, debe “identificar correctamente os nosos produtos, freando o fraude na etiquetaxe, cumprindo cas esixencias normativas e aumentando a achega de información ao consumidor”. Neste aspecto Galicia leva traballando moitos anos, explicou, e puxo como exemplo a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e o selo pescadeRías, de onde se non?, que garante a frescura e a calidade dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal. Tamén fixo referencia ao selo promocional Km 0 Margalaica, á iniciativa do GALP Ría de Pontevedra Pescadoartesanal.com ou ao certificado de pesca sostible do porto de Celeiro Friends of the sea.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Solicitude da ecoetiquetaPara obter a ecoetiqueta Pescaenverde, o armador e/ou empresa de distribución en lonxa interesado deberá solicitalo á USC e indicar a especie para a que se quere obter a ecoetiqueta. Tanto o armador como a empresa comercializadora en lonxa deberán ter activa a licenza de uso do software pescaenverde 2.0 asociado á marca de garantía Pescaenverde. Ademais o armador ou a empresa distribuidora deberán preparar un informe onde se incluirá o cálculo da pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética das especies que se queiran certificar. Neste proceso deberá intervir un consultor rexistrado, que asinará o informe.

A empresa certificadora autorizada emitirá un certificado que avale os datos rexistrados e os resultados obtidos no informe necesario para obter a ecoetiqueta Pescaenverde. Tanto o informe asinado polo consultor rexistrado como o informe de verificación da certificadora autorizada deberán remitirse en formato pdf á dirección de correo electrónico [email protected] e a USC verificará o cumprimento dos requisitos ecolóxicos necesarios para autorizar o uso da marca. A concesión de licencia do uso da marca implica a sinatura dun contrato de licenza entre a USC e as empresas (armador e distribuidor) para a utilización da ecoetiequeta pescaenverde de ata un máximo de 3 anos. 

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -