Inicio Galicia A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para executar as...

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para executar as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

0

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos, por un investimento de máis de 1,1 millón de euros.

Esta actuación ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-231, ao seu paso polos municipios de Aranga, Curtis e Sobrado, e na estrada AC-840, ao seu paso polos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar e Boimorto.

A Xunta reabriu hoxe o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación, xa licitada, pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma.

A reactivación do procedemento, que recolle xa a Plataforma de contratos públicos da Xunta, establece que as empresas interesadas na execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 7 de maio. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses, a contar desde a formalización do contrato de adxudicación.

Máis en concreto, o contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades. Así mesmo, prevese a limpeza de cunetas e a reposición de sinalización horizontal. Tamén se inclúen pequenas partidas de sinalización vertical, cunetas e barreira de seguridade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre