Inicio Galicia A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas das obras de...

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas das obras de reforzo do firme de tres estradas autonómicas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos

0

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, de máis de 1,25 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de reforzo localizado do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos e na estrada LU-722 ao seu paso polo municipio de Navia de Suarna, cun investimento superior os 1,25 millóns de euros.

A Xunta reabriu hoxe o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación, xa licitada, pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma.

A reactivación do procedemento, que recolle xa a plataforma de contratos públicos da Xunta, establece que as empresas interesadas na execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 22 de maio. O departamento de Infraestruturas prevé que no vindeiro verán poidan comezar estas obras, que teñen un prazo de execución de seis meses.

Este contrato suporá a mellora de diferentes treitos da vía de altas prestacións VG-2.1 de Monforte; da LU-933 neste mesmo concello; e da LU-546 (vía que conecta Nadela con Monforte) ao seu paso polos municipios do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria. Tamén prevé a rehabilitación do firme da LU-722 en Navia de Suarna.

Na VG-2.1 actuarase en toda a lonxitude da vía, de preto de 3 quilómetros, para realizar unha renovación completa da capa de rodaxe na calzada e nas beiravías.

Na estrada LU-933 está previsto mellorar o firme coa extensión dunha nova capa de rodaxe ao longo de cinco quilómetros entre Monforte e Bascós, incluído o treito urbano dentro da localidade monfortina. Tamén se realizará unha limpeza de gabias e noiros. Pola súa banda, na LU-546 actuarase nuns 10,7 quilómetros e o proxecto contempla o reforzo localizado do firme, mediante a realización de fresados a carril completo e a extensión dunha nova capa de rodaxe en carrís e beiravías. Finalmente, na estrada LU-722, que conecta Navia con Becerreá e a autovía A-6, actuarase no seu tramo final. En concreto, dende a saída da Pobra de Navia, capitalidade municipal ata o cruzamento coa vía provincial LU-P-3502.

En todas as estradas está previsto completar as actuacións de mellora do firme coa execución posterior de tarefas de reposición e renovación da sinalización horizontal e balizamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre