Inicio Galicia A Xunta reabre de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías...

A Xunta reabre de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense

0

Os traballos de mellora que se están a executar continúan avanzando segundo o previsto e resta actuar en tres cruces de calzada, que só requirirá de cortes puntuais

A Xunta reabriu esta tarde de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense.

As obras de mellora que se están a executar continúan avanzando segundo o previsto e resta actuar en tres cruces de calzada, que só requirirá de cortes puntuais. Coa fin de minimizar as afeccións aos veciños desta zona e aos usuarios da vía, desde setembro reorganizáronse os traballos, permitindo a circulación pola rúa a última hora do día.

A actuación, cun investimento autonómico de 1,7 millóns de euros, iniciouse en agosto e suporá a mellora integral da rúa nun treito de 1,3 quilómetros.

A intervención inclúe a renovación do firme, a mellora das beirarrúas e a substitución das redes de abastecemento, saneamento e de alumeado.

Ademais a actuación contempla o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica.

Tamén se aproveitará este proxecto para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre