Inicio Galicia A Xunta puxo en marcha hoxe a cuarta e última fase do...

A Xunta puxo en marcha hoxe a cuarta e última fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña que foi posible grazas ao acordo entre 17 concellos

0

Os usuarios de 8 novas liñas poderán realizar xa paradas no núcleo da cidade, reducindo os tempos de viaxe e sen realizar transbordos

A Coruña, 28 de maio de 2018.-  O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, realizou está mañá un percorrido no autobús interurbano desde Betanzos ata o centro da Coruña, coincidindo coa posta marcha este luns da cuarta e última fase do Plan de entrada autobuses interurbanos ao centro da cidade. Os usuarios dos autobuses procedentes de Curtis, Oza-Cesuras, Miño, Betanzos, Bergondo, Cambre, Oleiros, Ordes, Carral e Culleredo, poden desde hoxe empregar as paradas no núcleo da cidade e non só na estación de autobuses, reducindo os tempos de viaxe e sen necesidade de realizar transbordos para chegar ao seu destino.

Ovidio Rodeiro agradeceu especialmente o esforzo persoal da Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para facer realidade este plan despois de dous anos intensos de traballo nos que se tiveron que superar moitos obstáculos. Neste senso, “apuntou que o seu empeño político para superar todos os atrancos permitiu que hoxe teñamos un plan que supón un acordo entre 17 concellos e que afecta a 44 liñas que se foron implantando en catro fases sucesivas”. “Isto pon en evidencia que cando hai interese, capacidade de negociación e altura de miras se acadan obxectivos sen a necesidade de crear novas estruturas nin consorcios”, puntualizou.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

- Te recomendamos -