Inicio Galicia A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do...

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Vilagarcía dun treito da estrada PO-549 e a Glorieta da Mariña Española

0

Trátase dun tramo cunha lonxitude de 710 metros ata a glorieta de Pablo Picasso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Vilagarcía de Arousa dun treito da estrada de titularidade autonómica PO-549, completamente integrado no tecido urbano, así como da rotonda denominada Glorieta da Mariña Española.

O Concello de Vilagarcía manifestou ao departamento de Infraestruturas da Xunta o seu interese polo cambio de titularidade dun treito de aproximadamente 710 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 0 e 0+710, que se corresponde co tramo entre a Glorieta da Mariña Española e a Glorieta de Pablo Picasso, na estrada N-640. Os servizos competentes da Axencia Galega de Infraestruturas informaron favorablemente.

A transferencia a prol do concello pontevedrés deste treito do viario autonómico tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que debe ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Vilagarcía de Arousa terá a competencia para actuar neste vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre