Inicio Galicia A Xunta publica no DOG as expropiacións para executar a senda peonil...

A Xunta publica no DOG as expropiacións para executar a senda peonil entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu, cun investimento duns 643.000 euros

0

Trátase da construción dunha senda pola marxe esquerda da estrada PO-551, entre os puntos quilométricos 12+720-14+440

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación das expropiacións necesarias para construción da senda peonil na estrada PO-551, entre Trasouto e o Alto da Portela, no Concello de Bueu.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: http://bit.ly/2XAh6rAA intervención, que dispón dun orzamento duns 643.000 euros, consiste na construción dunha senda na marxe esquerda da estrada PO-551, entre os puntos quilométricos 12+720-14+440, que con respecto ao proxecto inicial amplía en 115 metros a súa lonxitude para conectar coas beirarrúas existentes e conformar un itinerario peonil seguro de maior lonxitude.

Executarase unha senda de formigón coloreado en paralelo á estrada, respectando a actual beiravía, cunha sección mínima de 1,8 metros.

Puntualmente e en función do espazo, a senda implantarase na beiravía existente, cun ancho mínimo de 1,50 metros. Nestes casos disporanse separadores para identificar correctamente a separación entre senda e calzada.

De xeito complementario, conformarase unha parada de autobús e ampliarase o firme no entorno do punto quilométrico 14+150, na marxe esquerda. Nesta parada tamén se renovará a marquesiña.

Esta actuación está enmarcada no Plan de sendas na comarca do Morrazo, que contempla case de 9,2 km de sendas cun orzamento que supera os 5 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre