Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de...

A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de Salceda de Caselas dun treito da estrada provincial que comunica o municipio

0

Trátase do treito inicial de 350 metros da EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto de aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Salceda de Caselas dun treito da estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano do municipioNo seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://cutt.ly/bylduf1 O Concello solicitou á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade do treito inicial da estrada que une Salceda de Caldelas, entre os puntos quilométricos 0+000 e 350. Esta petición dá cumprimento ao previsto nun convenio asinado entre as dúas administracións. A Administración provincial acordou aprobar o cambio de titularidade proposto, polo que emitiu informe favorable para a transferencia dos 350 metros iniciais da vía provincial e solicitou o cambio de titularidade desta estrada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. A transferencia a prol do Concello de Salceda de Caselas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas. Co cambio de titularidade aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado día 17 de abril, o Concello pontevedrés terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto publicado hoxe polo departamento de Infraestruturas da Xunta producirá efectos desde mañá. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á súa publicación no DOG mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o Concello de Salceda de Caselas e a Deputación Provincial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre