Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de...

A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de Ponte Caldelas dun treito da vía provincial que comunica a estrada PO-255 con Pazos de Borbén

0

Os cambios de titularidade tramítanse conforme coa Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a transferencia a prol do Concello de Ponte Caldelas do treito da vía provincial EP-0202, que comunica a estrada de titularidade autonómica PO-255 con Pazos de Borbén.

O concello pontevedrés solicitou á Deputación provincial o cambio de titularidade dun treito de 340 m de lonxitude deste vial, desde o punto quilométrico 0+000 ao p.q. 0+340. Esta petición dá cumprimento ao previsto nun convenio asinado entre as dúas administracións.

A Administración provincial de Pontevedra acordou aprobar o cambio de titularidade proposto, polo que emite informe favorable para a transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade desta estrada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello de Ponte Caldelas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sendo aprobada o pasado día 2 deste mes no Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre