Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de...

A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de Cervo dun treito urbano da vía provincial LU-P-1505

0

O cambio de titularidade favorece a explotación da infraestrutura dende o punto de vista municipal, que asume a responsabilidade da súa conservación

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación da transferencia a prol do Concello de Cervo dun treito urbano do viario provincial LU-P-1505.

O concello lucense solicitou á Deputación provincial o cambio de titularidade dun tramo da vía LU-1505, no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0, que ten orixe na estrada N-642, e o punto quilométrico 2+250, xustificando a súa petición no carácter urbano que presenta a maior parte deste treito.

Pola súa banda a Deputación provincial de Lugo aceptou o cambio de titularidade sinalando que o punto final do treito que se vai ceder se sitúa no punto quilométrico 1+970 da LU-P-1505, que corresponde á intersección coa LU-P-1504, de Río Covo (N-642)-As Fábricas de Sargadelos (LU-1505). Deste xeito o percorrido da vía provincial LU-P- 1504 e da estrada estatal N-642 constituirán unha posible alternativa viaria ao treito que se vai ceder.

A transferencia a prol do Concello de Cervo deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e foi aprobado por decreto da Xunta o pasado 25 de abril, por proposta do departamento de Infraestruturas da Xunta, competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Cervo terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre