Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do concello da...

A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do concello da Merca dun treito antigo da estrada OU-540

0

A Consellería de Infraestruturas levou a cabo unha actuación de acondicionamento neste tramo de 244 metros cun investimento autonómico de 48.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello da Merca, do resto da estrada OU-540, situado na marxe dereita entre o punto quilométrico 12+700 e o 12+800.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: http://bit.ly/2XGsankO Concello ourensán manifestou o seu interese polo cambio de titularidade deste treito antigo de 244 metros de lonxitude, no que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade levou a cabo esta primavera unha actuación de acondicionamento, cun investimento autonómico de 48.000 euros.

Os traballos executados polo departamento de Infraestruturas da Xunta consistiron na extensión dunha nova capa de rodadura no treito, así como na execución dunha obra de drenaxe que incluíu a instalación de tubaxe e dunha cuneta de seguridade.

Tamén se realizou un revestimento en formigón da cuneta de seguridade co fin de garantir a canalización das augas pluviais e colocouse un tramo de 4 metros de tubaxe para salvar o paso dunha entrada.

Co cambio de titularidade, o Concello será o responsable das tarefas de conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta zona de modo acorde coas súas características, non sendo xa de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre