Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a orde sobre os distintivos de identificación...

A Xunta publica no DOG a orde sobre os distintivos de identificación dos VTC, que serán obrigatorios desde maio

0

Esta regulación ten como obxectivo velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se regulan os distintivos de identificación dos vehículos dedicados á actividade de arrendamento de vehículos con condutor/a (VTC) cuxa autorización se atope domiciliada en Galicia VTC, e que será obrigatorio desde maio.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta orde: https://bit.ly/2XglxaC, que entrará en vigor no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de GaliciaA exixencia da disposición do distintivo establecido nesta orde será exixible para o conxunto de titulares de títulos habilitantes domiciliados en Galicia no prazo de dous meses desde a entrada en vigor desta orde.

A Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos vehículos VTC, incide na diferenciación entre ambas as dúas categorías.

Esta regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.

Neste sentido, os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, a visibilidade do condutor.

Estas identificacións serán emitidas xunto co outorgamento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pagamento da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da Sede Electrónica da Xunta ou da aplicación “SitranGestión”.

O Goberno galego segue traballando, no marco das súas competencias, para contribuír a unha convivencia harmónica entre os citados colectivos. Non obstante, cómpre que o Ministerio de Fomento estableza un marco regulador claro que garanta a competencia leal entre os sectores do taxi e das VTC e os dereitos dos usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre