Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a encomenda dos traballos de reposición da...

A Xunta publica no DOG a encomenda dos traballos de reposición da canle natural do regato que transcorre entre os lugares de Rubial e Troitomil, en Boqueixón

0

Esta actuación, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros, conta cun prazo de tres meses e será executada por Tragsa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a encomenda á empresa pública Tragsa dos traballos necesarios para repoñer a canle natural do regato que transcorre entre os lugares de Rubial e Troitomil, ao seu paso pola parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://xurl.es/2g7xo .

O contrato conta cun investimento de preto de 90.000 euros e un prazo estimado de execución de tres meses.

As obras teñen por obxectivo repoñer a canle natural do regato situado no lugar de Troitomil, respectando os pasos de servidume e da estrada municipal, e inclúen a execución de dous pasos sobre a canle para facilitar o tránsito nesta zona da actuación.

No marco destes traballos executaranse as obras de drenaxe transversal, no camiño de servidume, nos pasos da zona de actuación, e no paso da estrada municipal. A reposición da canle suporá intervir en dous tramos con dúas seccións distintas: a primeira sección no tramo entre o camiño de servidume e a estrada municipal; e a segunda, entre o inicio da actuación augas arriba e o dito camiño.

Esta solución está formada por escollera de 1 metro de altura, con 40 centímetros soterrados, na parte baixa de cada un dos laterais da escavación para impedir a erosión en momentos de grandes caudais de auga.

Na parte superior das escolleras estabilizarase o noiro con malla orgánica de coco e plantaranse estaquillas con brotes de salgueiro. Esta parte será de maior altura no tramo entre o camiño de servidume e a estrada municipal.

Con esta actuación evítanse posibles erosións e arrastres nos primeiros anos da execución da actuación, ata que a vexetación vaia estabilizando as marxes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre