Augas de Galicia xa comezou este mes as xestións previas para a disposición temporal dos terreos na zona de actuación do rÃo, que vai desde o lÃmite con Cuntis e, seguindo augas arriba, ata que o rÃo se atopa entre A Estrada e Forcarei
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a encomenda á empresa pública Seaga dos traballos de restauración do bosque de ribeira no rÃo Umia, ao seu paso polo Concello da Estrada, que contarán cun investimento de case 220.000 euros.
No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://bit.ly/3ay3lQEAugas de Galicia xa comezou este mes o proceso de participación social, que inclúe a disposición temporal dos terreos na zona de actuación.
O tramo obxecto das obras vai desde o lÃmite entre A Estrada e Cuntis e, seguindo augas arriba, ata que o rÃo se atopa no lÃmite entre os municipios da Estrada e Forcarei.
Os obxectivos desta intervención, cun prazo de 12 meses, son a restauración do bosque de ribeira do rÃo Umia, asà como a preservación daquelas zonas onde presenta un bo estado de conservación. Para isto, está previsto realizar labores de recuperación, revexetación, conservación e limpeza dentro da zona de servidume e na propia canle.
Os traballos consistirán no acondicionamento da marxe do rÃo con criterios de mellora silvÃcola e para acadar a consecución de franxas protectoras ao longo do rÃo, coa fin de illar o leito fluvial da influencia do aproveitamento agrÃcola, tratando de acadar unha formación vexetal con función tampón e, deste modo, mellorar o estado desta masa de auga fluvial.
O bosque de ribeira é unha formación vexetal complexa cun alto valor ecolóxico e ambiental, xa que é fonte de biodiversidade e cumpre funcións esenciais para os ecosistemas acuáticos e para a calidade da auga.
Esta intervención sumarase á que Augas de Galicia rematou este ano no bosque de ribeira na contorna do encoro do Umia, coa plantación de 6.200 árbores autóctonas. Esta rexeneración do bosque de ribeira, contou cun orzamento de máis de 100.000 euros.
Estas actuacións forman parte do Plan de xestión integral da bacÃa do Umia e aparecen recollidas no Plan hidrolóxico de Galicia-Costa, ao que se suman o conxunto de iniciativas que desenvolve a Xunta para mellorar a calidade das augas do encoro do Umia.