Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da...

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo Concello de Arteixo

0

Esta actuación enmárcase na estratexia da Xunta para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de mellora da seguridade viaria no treito de concentración de accidentes da estrada autonómica AC-552, ao seu paso polo concello de Arteixo.

O proxecto de mellora da seguridade viaria nesta estrada AC-552 comprende o tramo entre o punto quilométrico 2+100, despois da glorieta de enlace coa autoestrada AG-55, e a vía de acceso á presa de Meicende.

Esta actuación enmárcase na estratexia da Xunta para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/2VhovNB.

Esta estrada ten un tráfico elevado e percorre unha zona industrial, con numerosas naves, unha estación de servizo e canteiras. Para mellorar a seguridade do tramo prevese a execución de dúas glorietas nos puntos quilométricos 2+500 e 2+890, nas que se realizarán os xiros. A segunda glorieta servirá ademais para calmar o tráfico en sentido A Coruña, tras o tramo de forte pendente descendente anterior.

O proxecto aprobado tamén contempla a execución dunha vía de servizo na marxe dereita, sentido Fisterra, para evitar as incorporacións directas á estrada desde as naves e a estación de servizo existente.

Ademais completarase e mellorarase a saída da vía de servizo actualmente existente na marxe esquerda, sentido A Coruña, no acceso á glorieta de intersección coa AG-55.

Os traballos inclúen a sinalización, drenaxe, iluminación e a reposición dos servizos afectados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre