Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública...

A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi-Ponteceso, en Cabana de Bergantiños

0

Esta intervención no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350 contará cun investimento autonómico de case 1 millón de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do expediente de información pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi- Ponteceso (AC-423), en Cabana de Bergantiños.

A Xunta realizará un investimento de case 1 millón de euros na mellora desta estrada, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://bit.ly/2Qbx6O7Nesta 1ª fase mellorarase o firme naqueles treitos que se presentan deteriorados e rectificaranse as curvas que teñan un radio reducido.

Ademais executaranse 3 treitos de sendas peonís en distintos puntos para conectar coas xa existentes. A intervención tamén contempla a instalación dunha nova marquesiña na parada de autobús.

Esta actuación súmase a outras infraestruturas executadas recentemente no concello como a senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que vai de Ponteceso a Laxe, entre os núcleos de Neaño e A Carballa.

Esta senda une coas beirarrúas xa existentes, creando un itinerario de case 7 km que lle permite aos veciños desprazarse entre Ponteceso e Taboído en condicións de maior seguridade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre