Inicio Galicia A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade...

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Lugo do treito inicial da estrada LU-530, entre a rúa San Eufrasio e o paseo do Rato

0

Trátase do treito duns 900 metros de lonxitude que discorre integramente polo termo municipal, no que a Xunta investiu máis de 300.000 euros na renovación do firme e na sinalización horizontal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto do cambio de titularidade, a prol do Concello de Lugo, do treito da estrada autonómica LU-530, entre a e rúa San Eufrasio e o Paseo do Rato.

Nos seguintes enlaces ao DOG pode consultarse a información: https://xurl.es/2dgxg O Concello solicitou ao departamento de Infraestruturas da Xunta a transferencia da titularidade do treito inicial desta estrada, que comunica a cidade de Lugo e A Fonsagrada, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+855.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de acordo cos informes emitidos polos servizos da Xunta en Lugo, formulou a proposta favorable de transferencia deste treito que descorre na súa totalidade polo termo municipal. Este treito vén de ser obxecto da renovación do firme e sinalización horizontal, cun investimento da Xunta de máis de 300.000 euros.

Está previsto manter dentro da competencia autonómica os estribos e muros de acompañamento do viaduto sobre o río Fervedoira, no punto quilométrico final do treito que se transfire.

A transferencia a prol do Concello de Lugo foi aprobado o pasado día 15 de outubro polo Consello da Xunta, tramitándose de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. A citada Lei estable a aprobación do cambio de titularidade por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas. Co cambio de titularidade, o Concello de Lugo terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

A transferencia desta estrada será efectiva desde mañá, tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre