Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol...

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Ourense da Avenida de Otero Pedrayo

0

A transferencia enmárcase no convenio de colaboración da Consellería de Infraestruturas co Concello, tras rematar as obras de mellora da accesibilidade nesta vía, cun investimento autonómico de case 2 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a transferencia a prol do Concello de Ourense da travesía da estrada autonómica OU-536, treito plenamente integrado no núcleo da cidade e que se corresponde coa Avenida de Otero Pedrayo.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/2p9Wl8Y Este cambio de titularidade da cumprimento ao acordado no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Xunta de Galicia en novembro do 2018, no que a Administración autonómica se comprometía á execución dunha serie de investimentos na rede autonómica de estradas ao seu paso pola cidade de Ourense, cuxa titularidade se transferiría ao Concello unha vez rematadas as obras nos treitos con características de travesía. A finais de febreiro deste ano 2019 o departamento de Infraestruturas da Xunta rematou as obras de mellora da accesibilidade no primeiro quilómetro da OU-536, na Avenida Otero Pedrayo, cun investimento de case 2 millóns de euros, e os servizos competentes da Axencia Galega de Infraestruturas informan favorablemente da proposta de cambio de titularidade elevado hoxe ao Consello da Xunta.

Os traballo realizados pola Xunta de Galicia na avenida Otero Pedrayo permitiron mellorar a accesibilidade nesta travesía, na que puxéronse a punto as vías de servizo, ademais de aumentar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico coa execución de dúas glorietas nos puntos quilométricos 0+240 e 0+695.

Tamén foi moi importante, e facilita este cambio de titularidade, a renovación de treitos de varias redes de servizos de titularidade municipal, como o abastecemento, a drenaxe e saneamento ou o alumeado público con luminarias de maior eficiencia enerxética.

Ademais, o departamento de Infraestruturas da Xunta actuou na mellora da accesibilidade dos peóns con reordenación de pasos peonís, instalación de semáforos con control de paso mediante pulsador e iluminación de reforzo, mellora da dotación de beirarrúas e construción de senda nun treito na marxe dereita máis alá do punto quilométrico 1.

O departamento de Infraestruturas da Xunta ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais, e a transferencia a prol do Concello de Ourense tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. A transferencia ao Concello de Ourense deste primeiro quilómetro da travesía da OU-536, foi aprobado en Consello da Xunta o pasado xoves día 23 de setembro.

Coa transferencia, o Concello será o responsable da súa conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta vía de modo acorde coas súas características, non sendo xa de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre