Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol...

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Barro da estrada provincial de acceso á parroquia de Perdecanai

0

Trátase dun treito de 1,2 Km de lonxitude

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Barro dun treito da estrada provincial EP-0505 coa N-550, Igrexa de Perdecanai.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse á información: http://bit.ly/38Yeglw O concello pontevedrés solicitou á Deputación provincial o cambio de titularidade dun treito de 1,2 quilómetros desta vía que da acceso aos núcleos de poboación da parroquia de Perdecanai. Esta petición dá cumprimento ao previsto nun convenio asinado entre as dúas administracións. A Administración provincial de Pontevedra acordou aprobar o cambio de titularidade proposto, polo que emite informe favorable para a transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade desta estrada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas. Co cambio de titularidade publicado hoxe polo departamento de Infraestruturas da Xunta, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. Este Decreto producirá efectos desde mañá. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre