Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol...

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol de San Cristovo de Cea das rúas Calvo Sotelo e José Antonio e de varios tramos de distintas estradas de titularidade autonómica

0

Trátase de treitos nas estradas OU-187, OU-186, tramo antigo da OU-201 e dos ramais de conexión da OU-187 e OU-540 e da OU-186 coa vía de servizo OU-504

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de San Cristovo de Cea do treito urbano da estrada OU-187, que se corresponde coas rúas Calvo Sotelo e José Antonio, e de diferentes vías de titularidade autonómica de tráfico maioritariamente de ámbito local.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse á información: http://bit.ly/2OYxxdm O Concello ourensán manifestou o seu interese polo transferencia da titularidade do treito da citada estrada de titularidade autonómica, do punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 1+980. E o departamento de Infraestruturas da Xunta formulou a proposta favorable ao cambio de titularidade deste tramo da OU-187 e propón transferir os treitos de varias estradas de titularidade autonómica ao seu paso polo municipio.

O Concello de San Cristovo de Cea coincide en aceptar a transferencia de titularidade dos tramos de interese local. Trátase da estrada OU-186, do punto quilométricos 0 ao 0+820; a OU-185, do 0 e 0+850; do treito antigo da OU-201, entre os puntos quilométricos 0 e 0+419; do ramal de conexión da OU-187 e OU-540, do 0 ao 0+095; e o ramal de conexión da OU-186 e vía de servizo OU-504.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais, e a transferencia a prol do Concello da Merca tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Co cambio de titularidade, o Concello será o responsable das tarefas de conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta zona de modo acorde coas súas características.

A transferencia formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega no prazo de dous meses seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia do Decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre