Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG a transferencia a prol do Concello...

A Xunta publica hoxe no DOG a transferencia a prol do Concello de Marín da estrada provincial Marín – Penizas

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Marín da estrada provincial Marín- Penizas.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/2IYbjpQ O Concello de Marín solicitara á Deputación provincial de Pontevedra o cambio de titularidade dun treito de 106 metros estrada EP-1201, coincidente co primeiro treito da rúa José del Río, entre a rúa da Ponte e a rúa Ponte Zapal.

A transferencia foi demandada polo municipio tras a execución por parte da Deputación das obras de mellora da rúa Alcalde José del Río. Unha vez que o organismo provincial solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a autorización do cambio de titularidade, a mesma foi elevada ao Consello da Xunta, quen autorizou a mesma o pasado 3 de outubro. Cómpre lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais. Coa transferencia, o Concello será o responsable da conservación e mantemento da vía e poderá actuar sobre esta de modo acorde coas súas características, non sendo xa de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos.

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre