Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG a reanudación da convocatoria das probas...

A Xunta publica hoxe no DOG a reanudación da convocatoria das probas para o desempeño das funcións de xestor de transporte

0

As novas datas para realizar o exame de competencia profesional fíxanse entre o 1 de setembro e o 31 de decembro deste ano


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se reanuda a convocatoria das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada.

Estas probas obrigatorias de competencia profesional reactívanse como consecuencia da evolución da pandemia, tras verse suspendida a convocatoria inicial pola declaración do estado de alarma e a emerxencia sanitaria derivada da covid-19.

A nova convocatoria para realizar o exame de xestor do transporte fíxase entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2020, sempre que a situación sanitaria o permita.

As solicitudes de inscrición presentadas con antelación á entrada en vigor da presente resolución manterán a súa validez. As persoas aspirantes que se vexan afectadas pola modificación do calendario inicialmente previsto, entre o 30 de marzo e o 30 de xuño, poderán desistir da súa solicitude e pedir a devolución da taxa abonada.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: https://xurl.es/69v6n

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre