Inicio Galicia A Xunta publica hoxe a transferencia a prol do Concello de Bande...

A Xunta publica hoxe a transferencia a prol do Concello de Bande da zona de dominio público das rúas San Roque e Mestre Taibo

0

Trátase dos treitos máis urbanos das estradas OU-411 e OU-301 e exceptúan a calzada e as beiravías para non interromper a continuidade da rede de estradas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se transfire a prol do Concello de Bande a zona de dominio público de dous tramos da rede de estradas autonómicas nos treitos que percorren o núcleo de Bande e que se corresponde coas estradas OU-441, rúa San Roque, e OU-301, rúa Mestre Taibo.

Este cambio de titularidade se materializa trala súa aprobación co Consello da Xunta do pasado día 20 de setembro e despois de que o Concello de Bande manifestase á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o seu interese polo cambio de titularidade destes tramos con características urbanas, que van do treito inicial da estrada OU-411 (Bande (OU-540)-Agra (OU-801)), entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+690, e o treito final da estrada OU-301 Xinzo (N-525)-Bande (OU-540), situado entre os puntos quilométricos 27+670 e 28+160.

A súa publicación hoxe no DOG ratifica o cambio de titularidade da zona de dominio público a prol do Concello de Bande, exceptuando a transferencia da calzada e das beiravías dos tramos solicitados. Estes tramos non son transferibles de xeito completo para non interromper a continuidade da rede de estradas autonómica.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

A cesión ao Concello de Bande da zona de dominio público do tramo da OU-411, comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 0+690, materialízase tras a realización das obras de ampliación do pontón existente no punto quilométrico 0+530 e a construción de sendas ata o punto quilométrico 0+690, na contorna das instalacións deportivas e piscinas municipais de Bande. Nestas obras o departamento de Infraestruturas da Xunta investiu uns 50.000 euros.

Co cambio de titularidade, o Concello de Bande poderá actuar sobre as beirarrúas, o que facilitará as labores de mantemento das mesmas e favorecerá as tarefas da Administración Local con respecto ás necesidades dos usuarios. O concello asume a responsabilidade da conservación desta vía, quedando sen aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.

Tal e como se pode consultar no seguinte enlace ao DOG, o Decreto producirá efectos desde o día seguinte a súa publicación. 


- Te recomendamos -