Inicio Galicia A Xunta publica as bases dunha nova edición das axudas a deportistas...

A Xunta publica as bases dunha nova edición das axudas a deportistas galegos de alto nivel

0
image_gallery.jpg

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro


A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio dunha nova convocatoria das Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, neste caso as do ano 2020. Deste xeito e a pesar da pandemia provocada pola Covid-19, a Secretaría Xeral para o Deporte continúa mantendo as liñas de apoio para as federacións, clubs e deportistas e, dentro destes, os deportistas de alto nivel, co obxectivo de mellorar o seu rendemento deportivo e axudalos na súa dedicación ao deporte de elite. Desde a creación destas axudas no ano 2005, o importe total das mesmas ascende a preto de 5,5 millóns de euros e beneficiando a cerca de 800 deportistas.

Como ocorreu coas Axudas DGAN 2019, a convocatoria conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). As bases desta convocatoria están publicadas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro.

Como novidade da presente edición, cómpre salientar que, de cara a potenciar unha vez máis a colaboración con deportistas DGAN que compiten en modalidades e especialidades deportivas paralímpicas e de deporte adaptado, inclúese por primeira vez dunha nova liña de axudas a deportistas de apoio e deportistas guía (D.

A.), naquelas modalidades e especialidades paralímpicas e deporte adaptado onde é necesaria a participación do deportista guía ou de apoio na propia competición.

Do mesmo xeito que na anterior convocatoria, poderán solicitar axuda todos aqueles deportistas que estean ou estiveran recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2019 e/ou 2020 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).

A solicitude poderá ser cursada de forma telemática ou a través da liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Os formularios normalizados (anexos I e II) están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Pódese utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día martes 6 de outubro).

A solicitude en formato papel pode ser entregada en calquera rexistro oficial, tal e como se indica no apartado 5 das bases. No caso de efectuar a presentación da solicitude nun rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo no mesmo día por correo electrónico ao enderezo da Fundación (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal), remitindo anexa a propia solicitude e a xustificación de presentación ou imposición, no que deberá figurar a correspondente data. Ademais, deberase remitir unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal). Non será necesario acudir á federación deportiva galega correspondente para cubrir o certificado de resultados xa que este mesmo será solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.

Alto nivelO pasado 29 de setembro, o Diario Oficial de Galicia publicaba o decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base en Galicia. Con este decreto, Galicia dá un importante impulso á protección do sistema deportivo do país, convertendo a súa nova norma nunha das mais actuais e completas do Estado.

Galicia conta con 521 deportistas de alto nivel (212 mulleres e 309 homes, sendo 17 deles correspondentes a modalidades de deporte de persoas con discapacidade), o maior número dende o inicio do programa.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre