Inicio Galicia A Xunta publica a lista dos galardoados cos premios deporte galego do...

A Xunta publica a lista dos galardoados cos premios deporte galego do ano 2017 que nesta edición recoñecen a 17 premiados en 17 categorías

0

María Pérez Araújo foi elixida como a mellor deportista feminina e Lucas Vázquez como o mellor deportista masculino

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.

Lista de premiados:-Mellor deportista feminina: María Pérez Araújo (baloncesto)-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)-Mellor deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)-Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)-Mellor equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)-Mellor equipo masculino: Real Club Celta de Vigo (fútbol)-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)-Mellor adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (tríatlon)-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Carlos Cortés Rey (baloncesto)-Mellor labor informativo: DXT Campeón-Mellor evento deportivo: Trial das Nacións – Campionato do Mundo de Trial (motocilismo)-Mellor patrocinio deportivo: Leite Río-Mellor deportista revelación: Paula Ginzo (baloncesto)-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CAPSA – Larsa-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña) 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre