Inicio Galicia A Xunta proxecta a execución dunha fonte ornamental na estación de autobuses...

A Xunta proxecta a execución dunha fonte ornamental na estación de autobuses da intermodal de Ourense acorde coa cultura da auga e das termas

0
image_gallery.png

A proposta, deseñada polo estudo de arquitectos da cidade de Ourense Müller-Feijoo, conta cun orzamento de preto de 48.000 euros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade última o proxecto de execución dunha fonte ornamental na estación de autobuses da intermodal de Ourense, cun deseño acorde coa cultura da augas e das termas.

A proposta, deseñada polo estudo de arquitectos da cidade de Ourense Müller-Feijoo, conta cun orzamento estimado de preto de 48.000 euros. O obxectivo é poder impulsar a execución desta actuación a finais deste mesmo ano.

Na súa concepción, a estrutura evoca as augas termais e As Burgas. A fonte comporase de distintos aneis polos que discorrerá a auga ata un máis profundo, que se converte nunha lámina de auga, na que se situarán boquillas con efectos de nubes de pulverización.

A fonte ornamental disporá ademais de iluminación, oculta baixo os aneis, que permitirán realzar a súa estrutura e visualizar o efecto “nube” na auga.

Segundo o proxecto da Xunta, a estrutura da fonte ornamental conformarase a través de pezas prefabricadas en formigón arquitectónico en base branca ou gris, de granulometría seleccionada, que se irán escurecendo e cambiando a medida que aumenta a profundidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre