Inicio Galicia A Xunta prosegue en maio cos obradoiros participativos para consensuar o deseño...

A Xunta prosegue en maio cos obradoiros participativos para consensuar o deseño da futura estratexia de infraestrutura verde de Galicia

0

Hoxe celebrouse en Padrón, coa presenza do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, o primeiro dos talleres do mes de maio co que se canalizará o proceso de participación pública para a elaboración do documento

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar un proceso aberto de participación pública para facilitar que diferentes colectivos do ámbito público e privado e a cidadanía en xeral poidan contribuír coas súas achegas ao deseño da futura Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Despois da quenda de abril, inícianse os previstos en maio con este obradoiro en Padrón ao que asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato.

Este exercicio participativo canalizase a través dun total de 48 obradoiros programados en 24 concellos, é dicir, a razón de dous en cada municipio. A xornada de traballo de hoxe consiste nun taller de traballo matinal dirixido a representantes políticos e persoal técnico municipal e noutro de tarde, cun formato aberto á poboación en xeral e pensado para que participen asociacións, empresas e calquera persoa particular interesada no tema.

Toda a información relativa a este proceso así como o calendario de obradoiros de maio dispoñible xa na web infraestruturaverdedegalicia, desde onde as persoas interesadas en participar poderán rexistrar telematicamente a súa inscrición. Así mesmo, se alguén non pode asistir presencialmente, tamén se ofrecerá a posibilidade de realizar achegas mediante un sistema de consulta pública dixital que estará dispoñible na mesma web proximamente.

Coa posta en marcha dos traballos da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, a Xunta adiántase a un futuro requirimento do Goberno do Estado en materia ambiental e camiña na dirección sinalada por Europa.

Así, en resposta ao deterioro e á perda de biodiversidade, a Comisión Europea fixo unha comunicación no ano 2013 titulada Infraestrutura Verde co reto de promover nas áreas urbanas e rurais da UE este tipo de instrumentos de planificación de zonas naturais e doutro tipo de elementos para garantir a provisión de servizos ambientais e a protección paisaxística nestas zonas. Neste sentido, a finalidade da futura estratexia é crear unha rede de espazos planificados para ofrecer á poboación unha ampla gama de servizos ambientais.

Neste obxectivo enmárcanse os traballos impulsados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), que en 2017 comezou a avanzar en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e de A Coruña no deseño deste documento a través de cinco grupos de investigación de recoñecido prestixio no eido da planificación.

Precisamente, o pasado mes de marzo celebrouse na Coruña unha xornada na que se presentou o resultado dese primeiro traballo de inventariado realizado por estes equipos en colaboración directa co IET. O seguinte paso no que se traballará é definir os criterios de xestión da Infraestrutura Verde, é dicir, cales serán as indicacións sobre como deberían xestionarse estas zonas, que usos se deben promover, e que características deberían cumprir as diferentes actividades.

Neste contexto enmárcanse precisamente os talleres presenciais programados ao longo de maio.

          Padrón

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre