Inicio Galicia A Xunta proponlle ao Concello de Cambre a sinatura dun convenio de...

A Xunta proponlle ao Concello de Cambre a sinatura dun convenio de colaboración para desbloquear a construción das beirarrúas previstas en Sigrás

0

Outros concellos como Abegondo ou Moraña tamén seguiron esta fórmula para adiantar os prazos da execución de sendas peonís en estradas autonómicas

A Xunta proponlle ao Concello de Cambre a sinatura dun convenio de colaboración para desbloquear a construción das beirarrúas previstas en Sigrás.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, remitiulle hoxe unha carta ao alcalde, Óscar García, na que lle indicou que o proxecto para construír estas beirarrúas xa está redactado e en fase de supervisión e se mantén á espera de que o Concello cumpra o seu compromiso de pór os terreos á disposición das obras.

Destaca que esta actuación promovida pola Xunta ten como obxectivos mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria na estrada AC-214, na Xira.

Aínda que o Concello de Cambre se comprometeu a poñer a disposición os terreos necesarios, a día de hoxe non o fixo, o que implicaría un proceso expropiatorio que dilataría os prazos de execución.

A Xunta, ao considerar a premura que manifestan tanto a Administración local como os veciños, propón formalizar un convenio para poder cumprir o compromiso de facilitar a actuación coa xestión dos terreos por parte do Concello.

Para isto, a conselleira trasladoulle unha proposta de texto de convenio que establece os compromisos de cada administración, entre eles o financiamento do proxecto, coa achega dun investimento duns 750.000 euros por parte da Consellería de Infraestruturas.

Lembroulle ao alcalde que outros concellos como Abegondo ou Moraña seguiron esta fórmula para adiantar os prazos da execución de sendas peonís en estradas autonómicas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre