Inicio Galicia A Xunta propón un itinerario visual inédito por Compostela na nova exposición...

A Xunta propón un itinerario visual inédito por Compostela na nova exposición do Museo das Peregrinacións e de Santiago

0
image_gallery.jpg

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra ‘Arquitecturas debuxadas’, do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán


O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Arquitecturas debuxadas, que propón un itinerario visual inédito por Compostela a través dos debuxos do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán. A mostra, que pode verse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro mes de febreiro, forma parte da programación trimestral prevista polo Goberno autonómico dentro da súa aposta por que a cultura siga de xeito seguro.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou o valor estratéxico da cultura no actual contexto sanitario e remarcou a importancia de manter iniciativas como esta para facilitar que os galegos podan seguir accedendo á ela con todas as garantías e tamén para que as industrias e os profesionais sigan traballando cunha oferta variada que se adapte á situación sanitaria vixente, explicou.

Como engadiu, o Museo das Peregrinacións e de Santiago que vén de conmemorar o seu quinto aniversario na súa sede en Praterías, ofrece con Arquitecturas debuxadas unha “visión novidosa e inédita” da cidade e dos seus elementos arquitectónicos máis singulares a través de máis de 80 debuxos de fustes, gálibos, cornixas e relevos que reúnen distintos tipos de arquitecturas configurados ao redor da catedral. “É unha perfecta maneira de revalorizar o patrimonio cultural galego, especialmente o relacionado coa meta da peregrinación xacobea”, engadiu.

A exposición é obra de Santiago Catalán, arquitecto, debuxante e pintor e leva seis anos recollendo elementos das arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se ten materializado na publicación de dúas obras sobre Lugo e Santiago. Esta mostra poderá visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 28 de febreiro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre