Mozas e mozos entre os 18 e os 30 anos participan nestas actividades
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou hoxe o importante valor medioambiental que promove entre a xuventude o campo de voluntariado Parque Natural do Xurés que se está a celebrar neste emblemático espazo do municipio ourensá de MuÃños.
As mozas e mozos deste campo de voluntariado participarán en diferentes tarefas centradas no coidado da fauna e flora do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Deste xeito, participan na construción de barreiras antierosivas nas ladeiras dos montes queimados para frear a erosión do solo. Tamén realizan labores de rexeneración espallando sementes e constrúen refuxios para aves e insectos polinizadores coa intención de mellorar a biodiversidade da contorna.
Ademais, os participantes nesta iniciativa están a realizar outras actividades de ocio e lecer como rutas, xogos de rol, visitas a municipios como Ourense ou Allariz, obradoiros ambientais e de reciclaxe e actividades náuticas, entre outras.
Campaña de veránA ConsellerÃa de PolÃtica Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluÃndo as tres quendas de CÃes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte á covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.
En total, a Campaña de Verán deste ano, que leva por tÃtulo O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro.