Inicio Galicia A Xunta promove o uso estratéxico dos fondos públicos a través dunha...

A Xunta promove o uso estratéxico dos fondos públicos a través dunha formación específica en contratación pública innovadora

0

Oitenta empregados públicos iniciaron hoxe un curso superior de contratación pública estratéxica, unha formación clave para conseguir un crecemento máis sustentable, integrador e intelixente e un uso máis eficiente dos fondos públicos

Esta mañá oitenta empregados públicos iniciaron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso superior de contratación pública innovadora coordinado pola Axencia Galega de Innovación (Gain). Esta formación ten como finalidade conseguir un crecemento máis sustentable, integrador e intelixente e un uso máis eficiente dos fondos públicos.Á inauguración asistiron Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública. Durante este acto, Patricia Argerey, destacou o cambio de paradigma que supón a Compra Pública Innovadora (CPI) no apoio á innovación por parte da Administración, xa que se pasa de apoiar a innovación desde a oferta a apoiala desde a demanda, actuando a Administración como cliente validador de solucións innovadoras para atender necesidades identificadas pola administración e que non están actualmente dispoñibles no mercado. Ademais, subliñou outras vantaxes da CPI respecto da contratación tradicional, como que dinamiza a innovación entre o tecido empresarial e os centros de coñecemento, permite un uso máis eficiente dos fondos públicos e facilita a prestación de servizos públicos máis modernos e acordes ás necesidades dos cidadáns.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

Neste ámbito, Galicia é referente a nivel estatal e europeo, de feito executou preto do 40% dos fondos destinados a CPI no conxunto do Estado no período 2007-2013, recibiu en dúas ocasións o Premio Nacional de Innovación nesta modalidade e foi recoñecida como caso de éxito por organizacións como a Fundación Cotec. Precisamente este curso inscríbese no Plan Innpulsa CPI que Gain puxo en marcha en 2017 co obxectivo de que Galicia continúe sendo un referente neste ámbito a través da profesionalización do persoal das distintas Administracións e da promoción do uso estratéxico da CPI.

Argerey agradeceu a implicación dos distintos departamentos da Xunta de Galicia e as persoas que van a impartir este primeiro curso de especialización e a boa acollida entre os empregados públicos porque “é evidente que fan falta persoas comprometidas que crean na innovación como camiño cara a mellora dos servizos públicos” -apuntou a directora de Gain.

Pola súa banda, a directora da EGAP incidiu na relevancia de ofertar formación neste eido aos empregados públicos, especialmente despois da recente aprobación da nova Lei de contratos do sector público. “Coa entrada en vigor deste texto son moitas as novidades normativas que cómpre coñecer para que os empregados públicos poidan desenvolver o seu traballo diario con maior seguridade e eficacia”.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos resaltou o feito de que esta acción formativa servirá para sensibilizar sobre as potencialidades que representa a compra pública innovadora como mecanismo de contratación eficiente e intelixente, así como promover o seu uso estratéxico como ferramenta que permita transformar os departamentos públicos en verdadeiras organizacións innovadoras orientadas aos usuarios e con capacidade de anticipación ao mercado. 


- Te recomendamos -