Inicio Galicia A Xunta promove o turismo de reunións na feira IBTM World de...

A Xunta promove o turismo de reunións na feira IBTM World de Barcelona, unha das máis importantes do mundo neste sector

0

No espazo galego estarán como coexpositores as entidades e empresas Santiago de Compostela Convention Bureau, DMC Galicia e o Clúster Turismo de Galicia


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo participa na feira especializada en turismo de congresos IBTM World que se celebra en Barcelona entre hoxe e o día 30 de novembro.

Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo dedicará catro xornadas a promover a Comunidade galega como destino no principal certame nacional da industria do turismo de reunións e un dos máis importantes do mundo, destinado exclusivamente a profesionais do turismo. Este ano, a Xunta participará na IBTM World cun expositor a través do que presentará a oferta galega especializada en congresos, reunións e convencións de empresa.

Máis de 15.000 expositoresAdemais da presenza da Consellería de Cultura e Turismo, o recinto da Comunidade galega terá como coexpositores ás entidades e empresas Santiago de Compostela Convention Bureau, DMC Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e Turismo da Coruña, que xunto á oferta global do turismo de negocios promoverán as súas de xeito individual.

Nesta nova edición da IBTM, máis de 15.000 expositores do mercado de congresos, reunións e convencións de empresa de todo o mundo manterán encontros de traballo con máis de 4.000 compradores internacionais que está previsto que se acheguen a este certame especializado.

No eido do turismo de reunións, a Consellería de Cultura e Turismo pechará o seu calendario anual de promoción o próximo mes de decembro coa participación no Salón ILTM de Cannes (Francia), co que serán 11 os certames celebrados tanto en España como no estranxeiro nos que participou este departamento da Xunta en 2018. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre