Inicio Galicia A Xunta promove o turismo de natureza galego na XXI edición da...

A Xunta promove o turismo de natureza galego na XXI edición da Feira INTUR de Valladolid

0

Hoxe péchase este certame, no que a Consellería de Cultura e Turismo conta cun recinto institucional para a promoción de Galicia de 100 metros cadrados


A Consellería de Cultura e Turismo ten esta fin de semana unha nova cita cunha das feiras de promoción e comercialización do ámbito turístico da natureza máis importante do calendario en España. Trátase de INTUR, que se vén desenvolvendo en Valladolid desde o venres e que este ano celebra a súa XXI edición.

Cultura e Turismo instalou na capital castelán-leonesa dentro deste certame un recinto de 100 metros cadrados para a promoción e o apoio á comercialización dos produtos turísticos galegos relacionados coa natureza, o deporte, a cultura e a gastronomía. Neste sentido, este departamento da Xunta tamén aposta por unha promoción especial do Camiño de Santiago, así como a próxima celebración do Xacobeo 2021.

INTUR continúa a ser un dos referentes nacionais para a promoción turística interior. Entre o seu público conta con moitos clientes turísticos de Galicia e persoas interesadas pola oferta da Comunidade galega. O público de INTUR síntese especialmente atraído pola Ruta Xacobea, os espazos naturais de Galicia –como os seus parques naturais, nos que a Xunta promove máis de 20 experiencias turísticas–, a costa e o turismo rural.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

INTUR negociosParalelamente desenvolverase o programa INTUR negocios, unhas xornadas de comercialización reservadas aos profesionais do turismo. Este ano participan arredor de 100 compradores, con presenza de axentes internacionais. Nestes encontros participan empresarios membros do Clúster Turismo de Galicia.

Polo que respecta aos cidadáns de Castela e León que visitaron Galicia ao longo deste ano, cabe salientar que no que levamos de ano xa foron máis de 183.000 os visitantes, que fixeron, ademais, máis de 420.300 pernoitas nos establecementos hoteleiros da comunidade galega. Así, os viaxeiros procedentes de Castela e León supuxeron o 8,2% dos turistas nacionais durante este período.

No ámbito do Camiño de Santiago, este ano, máis de 7.100 peregrinos da comunidade veciña recibiron a Compostela, o que supón un 5,87% do total dos peregrinos españois que percorreron a Ruta Xacobea neste período.


- Te recomendamos -