Inicio Galicia A Xunta promove o turismo de congresos e de interior nas feiras...

A Xunta promove o turismo de congresos e de interior nas feiras IBTM World de Barcelona e INTUR de Valladolid

0

Manterá máis de 30 contactos profesionais con operadores turísticos especializados na comercialización de viaxes relacionados coas reunións profesionais


O destino turístico Galicia preséntase esta semana en dous dos mercados turísticos anuais máis importantes de España. Por una parte, a Xunta promove o turismo de congresos na feira IBTM World 2019, que se vén celebrando esta semana en Barcelona, e por outra, mostra desde hoxe a oferta turística galega, centrada nos produtos do interior e o Camiño de Santiago no certame INTUR de Valladolid.

Deste xeito, no ámbito do turismo de negocios, a Consellería de Cultura e Turismo participa nunha nova edición da feira profesional de turismo de congresos, reunións e incentivos IBTM, que se celebra en Barcelona. Nesta ocasión, acudiu cunha axenda de 35 reunións con operadores, axentes e corporates de todo o mundo.

O departamento de promoción turística da Xunta de Galicia participa neste certame profesional con expositores que compartiron o seu espazo dentro do stand de Turespaña. Estes coexpositores son: Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo da Coruña, Abramar DMC, Galicia Meetings & Incentives e o Clúster Turismo de Galicia.

Turismo de interiorPor outra parte, ata o vindeiro domingo o departamento de Cultura e Turismo promoverá a oferta turística galega e o Camiño de Santiago na XXIII edición da feira INTUR de Valladolid, un certame profesional centrado na oferta do interior que tamén está aberto ao público e constitúe unha das feiras turísticas de maior repercusión en España. Nesta ocasión, Turismo de Galicia dispón dun recinto de deseño de 100 metros cadrados desde o que se difunde a oferta galega, o Xacobeo 2021, o Camiño de Santiago e as experiencias relacionadas coa natureza. O espazo servirá tamén como punto de encontro para os profesionais do sector que visiten a feira, xa que dentro da mesma se celebra Intur Negocios, encontro entre a oferta e a demanda turística. Na súa edición anterior participaron 310 expositores directos e, segundo datos da organización, a feira foi visita por 63.140 persoas, das que 17.440 eran profesionais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre