Inicio Galicia A Xunta promove o papel da economía social como motor da reactivación...

A Xunta promove o papel da economía social como motor da reactivación económica

0

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, inaugurou hoxe a 2ª Feira Virtual de Economía Social organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe por vía telemática na apertura da 2ª Feira de Economía Social Virtual organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na que se reúnen emprendedores e empresas da economía social para amosar os seus produtos.

A Xunta mantén unha estreita relación co sector da economía social polo seu compromiso achegado á sociedade. Tal e como evidenciou a directora xeral, as entidades que promoven o cooperativismo teñen un papel decisivo como motor da reactivación económica e formar parte do ADN de Galicia, por estar cerca das persoas e avogar polo emprego inclusivo. Tamén por ter demostrado tradicionalmente gran resiliencia ante os cambios.

A Estratexia Galega de Economía Social 2019-2021 busca crear novas oportunidades de negocio e de actividade económica en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. Entre outros fins, persegue facer máis visible a economía social e representar os seus intereses ante os principais axentes económicos e da vida pública e promover actividades de colaboración, plans locais de economía social e oportunidades sectoriais. A feira que hoxe celebra a CEO por vía telemática é bo exemplo da importante misión do sector, tal e como evidenciou Toca na súa intervención.

En 2019 Galicia foi designada rexión amiga da economía social pola Comisión Europea. No marco da estratexia para este sector, o Goberno galego pretende que as entidades de economía social poidan ser un 10% máis ata finais de 2021. Tamén se trata de potenciar a presenza feminina nas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral que conforman a economía social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre