Inicio Galicia A Xunta promove o incremento da presenza das empresas alimentarias galegas no...

A Xunta promove o incremento da presenza das empresas alimentarias galegas no mercado mexicano

0

Representantes do Igape e da Cámara de Comercio da Coruña presentan ás empresas galegas a convocatoria de participación na Feira Expo Antad & Alimentaria que se celebrará en México en marzo de 2019


Representantes do Igape e da Cámara de Comercio da Coruña presentaron en Santiago de Compostela a convocatoria para a participación conxunta de empresas galegas na Feira Expo Antad & Alimentaria que se celebrará en México en marzo de 2019.

No evento, referente principal para a industria da alimentación iberoamericana, Galicia disporá dun pavillón propio para a promoción do sector no que ademais das pemes interesadas, tamén acudirán a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Marisco (Anfaco) e os Consellos Reguladores das D.

O. Ribeiro e Rías Baixas.

A convocatoria de participación para as empresas, que estará aberta ata o 22 de novembro, formará parte do Plan de fomento das exportacións galegas (Foexga), que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que financia o 90% dos custos da misión comercial. Con ela, preténdese reforzar a imaxe de Galicia e a presenza das pemes na feira e intensificar a posición dos produtos galegos no mercado mexicano, ademais de apoiar as compañías que están á procura de oportunidades comerciais no país centroamericano.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Nunha mesa redonda celebrada durante a xornada, os demais impulsores da iniciativa, Anfaco e os Consellos Reguladores das D.

O. Ribeiro e Rías Baixas, expuxeron a relevancia do evento para o sector agroalimentario galego. Os participantes puideron coñecer tamén as experiencias de dúas empresas galegas nese mercado, así como diferentes aspectos relacionados coa loxística para a expedición dos produtos en México.

Un total de 94 empresas galegas do sector da alimentación e as bebidas venderon o pasado ano produtos por un valor de 17,6 millóns de euros a México, país que acadou o posto número trece no total das vendas galegas ao exterior, cun volume total de exportacións que chegou aos 412 millóns de euros.

Desde 2014, preto de 700 empresas impulsaron co plan Foexga a súa proxección exterior participando en máis de 300 accións promocionais en máis de 45 países. Esta liña de axudas desenvólvese en colaboración coas cámaras de comercio galegas e complementa os demais servizos de apoio que se achegan a través do Igape, como o programa Galicia Exporta, como parte das accións impulsadas no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

- Te recomendamos -