Inicio Galicia A Xunta promove entre a mocidade o emprendemento e a xeración de...

A Xunta promove entre a mocidade o emprendemento e a xeración de novas oportunidades de emprego nas áreas rurais

0

A iniciativa contou coa participación de 62 mozos e mozas que coñeceron experiencias de negocio de éxito en sectores tan variados como o gandeiro, a agrobótica, a xardinaría ou o comercio, entre outros


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, fixo fincapé hoxe na valía da proposta Emprural para o fomento do emprendemento entre a mocidade no rural. Fíxoo durante unha xornada de formación que tivo lugar na explotación gandeira Liste S.

C. e na que se presentou un vídeo con testemuñas de mozos e mozas e de empresas que participan nesta iniciativa da Xunta de Galicia.

A Consellería de Política Social puxo en marcha este ano o proxecto Emprural como experiencia piloto e como unha “clara aposta por un rural vivo e produtivo”, sinalou Cecilia Vázquez. De feito, explicou que se trata dunha iniciativa orientada especialmente ao emprendemento e ao autoemprego de persoas entre os 16 e os 30 anos de idade. O obxectivo é aproveitar os recursos propios e diferenciados que posúen as áreas rurais para xerar novas oportunidades de emprego e de negocio.

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' fueron puestos en libertad con la condición de comparecer en el juzgado

Así, a proposta contou coa implicación de 38 mozos e 24 mozas que están na etapa final dos seus estudos, os abandonaron ou son desempregados. Destes 62 participantes, 46 fixeron estadías formativas entre os meses de xullo e setembro en empresas de distintos sectores: gandeiro, vacún leiteiro, lácteo queixeiro, ovino, canino, agrobótica, xenética, xardinería, cunicultura, equino, deseño de moda ou comercio, entre outros.

A directora xeral insistiu en que no medio rural tamén existen hoxe novas oportunidades e recursos tanto para a creación de novas empresas como para empregos que aporten valor engadido, polo que cómpre poñer a disposición da xente nova mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades. “Trátase de impulsar os proxectos de inserción socio-laboral e deste xeito converter á mocidade no maior activo para o desenvolvemento das zonas rurais”, manifestou.

Cecilia Vázquez tamén destacou a importancia de dar prioridade ao investimento en capital humano, o que implica mellorar a empregabilidade da xuventude a través da potenciación das súas capacidades e formación. Ao respecto, apuntou que destinar recursos económicos a aumentar as competencias e o coñecemento da mocidade “resulta esencial para promover a innovación, a produtividade e a competitividade”, ao tempo que tamén “contribúe a facilitar a transición desde a formación ou desde a inactividade ao mercado laboral”, engadiu.

Leer más:  Dos empresarios están siendo investigados por el mal estado de las ruedas de un camión de su empresa que circulaba por Vilalba

ActividadesAs actividades levadas a cabo ao abeiro do proxecto Emprural dividíronse en seis fases. A primeira consistiu na formación dos grupos de traballo, durante a segunda celebráronse sesións teóricas e prácticas tanto grupais como individuais con visitas a iniciativas empresariais locais de referencia. A terceira actividade centrouse na aprendizaxe específica para a inserción e a formación con estadías nas empresas de entre dúas e seis semanas por participante foi a cuarta actividade.

As outras dúas actividades restantes do proxecto baseáronse na titorización e seguimento individualizado e a última foi a fase de conclusións. Nesta valorouse a experiencia laboral acadada polos participantes, identificáronse os nichos de emprego no territorio; elaboráronse os plans de mellora da empregabilidade e, no seu caso, asináronse os contratos laborais ou puxéronse en marcha iniciativas profesionais.


- Te recomendamos -