Inicio Galicia A Xunta promove entre a mocidade da Mariña a importancia da industria...

A Xunta promove entre a mocidade da Mariña a importancia da industria forestal, un sector estratéxico na provincia lucense

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Mondoñedo na charla O sector forestal: tan próximo como descoñecido que tivo lugar no CEI Álvaro Cunqueiro Mora

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Mondoñedo, no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, na charla O sector forestal: tan próximo como descoñecido, organizada pola Asociación provincial de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo e que se enmarca na Estratexia de formación da industrial forestal da Xunta co obxectivo de promover entre a mocidade a importancia da industria forestal.

Lema destacou que a industria forestal é un sector estratéxico na provincia de Lugo indicando, ademais, que a comarca da Mariña lucense é a de maior produción forestal de Galicia con máis dun millón de metros cúbicos de cortas xestionadas en 2017.

A iniciativa enmárcase nunha das liñas estratéxicas da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de dar a coñecer o traballo desta industria, a tecnoloxía que manexa e os produtos que se están elaborando. En palabras de Lema, a divulgación das características actuais desta industria é fundamental para promover o seu coñecemento e “facelo nos colexios é importante para impulsar inquietudes entre os máis novos”.

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

A Estratexia de formación da industria forestal da Xunta ten entre os seus obxectivos desenvolver accións divulgativas que dean a coñecer a actividade industrial no sector forestal e os valores sobre os que se basean na actualidade a política industrial: sustentabilidade dos produtos forestais e o respecto e mellora co medio ambiente.

Esta folla de ruta foi elaborada coa participación das principais asociacións representativas deste ámbito, e o que busca é impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida. Como reto tamén inclúe dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a adaptación dos traballadores á incorporación da última tecnoloxía.


- Te recomendamos -