Inicio Galicia A Xunta promove a posta en valor do oficio tradicional dos ferreiros...

A Xunta promove a posta en valor do oficio tradicional dos ferreiros de Riotorto

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebra durante toda a xornada de hoxe

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na inauguración da XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará durante toda a xornada. O encontro, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesán da Comunidade.

O programa de actividades da feira, organizada pola Asociación de Ferreiros de Riotorto, inclúe demostracións dos oficios do ferro, así como doutras actividades artesás, animación musical e actividades dirixidas ao público infantil. A Xunta aposta pola recuperación, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais tradicionais xa que constitúen unha ferramenta de dinamización social e de divulgación da cultura galega, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal.

Leer más:  El gobierno de Ferrol presenta un presupuesto récord para el año 2024, superando los 92 millones de euros

Remuda xeracionalA Consellería de Economía, Emprego e Industria ten aberto desde o pasado 8 de marzo unha liña de axudas para a formación de aprendices en oficios artesáns, co obxectivo de asegurar a remuda xeracional no sector, na que ten previsto investir un millón de euros.

As axudas están dirixidas a obradoiros artesáns que realicen acordos de períodos formativos de carácter non laboral con aprendices. A contía das axudas está dirixida a remunerar esta actividade en función da xornada que vaian realizar os aprendices, e que será por un período mínimo de 6 meses e máximo dun ano. As solicitudes pódense presentar ata o 15 de setembro, ou ata que se esgote o crédito, xa que será por concorrencia competitiva.

A artesanía estase a consolidar como unha vía de dinamización económica e turística na Comunidade, especialmente nas áreas rurais. Co obxectivo de protexer o sector artesanal galego e de garantir a remuda xeracional nos seus oficios, a Xunta impulsa este programa -enmarcado no Plan de impulso da Artesanía 2020- favorecendo as vocacións, a divulgación das técnicas artesanais e facilitándolle o acceso ao mundo laboral.

Leer más:  El pleno de Vigo aprueba por unanimidad el nombramiento de los nuevos Vigueses Distinguidos 2024

- Te recomendamos -