Inicio Galicia A Xunta promove a igualdade de oportunidades a través do fomento do...

A Xunta promove a igualdade de oportunidades a través do fomento do emprendemento feminino

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe o II Encontro de emprendedoras do Programa Emega


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o apoio da Xunta ao empoderamento económico e social das mulleres a través do fomento do emprendemento feminino co obxectivo de acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. López Abella interveu hoxe na inauguración do II Encontro de emprendedoras do programa Emega que reúne a mulleres que emprenderon en diferentes sectores e que serviron de inspiración a outras. No acto tamén participaron o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago, Mar Lorenzo. A secretaria xeral da Igualdade incidiu en que o programa Emega da Xunta consolídase como medida para o fomento do emprendemento feminino e, por iso, en 2020 o Goberno galego manterá o orzamento de 1,7 millóns de euros deste exercicio. A Administración autonómica duplicou este ano a dotación desta iniciativa ao pasar dos 856.000 euros de 2018 a 1,7 millóns. Este investimento permitiu a financiación de 161 iniciativas empresariais lideradas por mulleres, así como a creación e o mantemento de 236 empregos. Desde a posta en marcha deste programa en 2009, téñense financiado máis de 700 proxectos e creáronse máis de 1.200 postos de traballo para mulleres. López Abella resaltou o compromiso da Xunta para traballar no fomento da creación de postos de traballo para a poboación feminina e, desta forma, mediante o programa Emega o Goberno galego seguirá a promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e no desenvolvemento da súa actividade profesional.

Catro liñas de actuaciónO programa Emega conta con catro liñas de actuación específicas. Así, a liña ‘Emprende’, está destinada á promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a crear emprego por conta allea; ‘Innova’, a promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; ‘Activa’, a favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa; e ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establecese unha liña de axudas complementarias, a ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre